Infancia e mocidade “tecnolóxica e creativa”, protagonistas da “ICCKids 2016” | FWS Televisión | Ourense TV, A Coruña TV, Lugo TV y Pontevedra TV

Este ano a “ICCWeek” que organiza a Deputación de Ourense, amplía a súa oferta cultural ao público infantil e xuvenil da provincia de Ourense a través desta celebración   Entre as propostas fig...

este, ano, a, “iccweek”, que, organiza, a, deputación, de, ourense, amplía, a, súa, oferta, cultural, ao, público, infantil, e, xuvenil, da, provincia, de, ourense, a, través, desta, celebración,  , entre, as, propostas, fig

Infancia e mocidade “tecnolóxica e creativa”, protagonistas da “ICCKids 2016”

Gusta: 0 (0%)
Publicado por: FWStv | Fecha: 28/01/2016 | Reprods.: 33

Este ano a “ICCWeek” que organiza a Deputación de Ourense, amplía a súa oferta cultural ao público infantil e xuvenil da provincia de Ourense a través desta celebración

 

Entre as propostas figuran programación informática, fotografía, pintura e plastilina condutivas, stopmotion e vídeo-mapping

 

Ourense, 27 de xaneiro de 2016.-

A infancia e a mocidade da provincia de Ourense (nenos e xóvenes con idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos) son os protagonistas da “ICCKids 2016”, unha iniciativa que se desenvolverá por primeira vez dentro da programación da “ICCWeek 2016” que organiza a Deputación de Ourense, con obradoiros onde a creatividade e a tecnoloxía dirixidos aos máis novos, que serán os principais protagonistas. A presentación tivo lugar esta mañá no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o coordinador da ICCWeek, Juan Rivas; e a coordinadora da ICCKids, Cristina Blanco.

 

A “ICCWeek 2016” amplía a súa oferta cultural ao público infantil e xuvenil da provincia de Ourense, a través da “ICCKids”. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, destacou na presentación que resulta “unha ledicia ver como este marco das industrias culturais e creativas medra, que se fai máis grande e que incorpora novidades, que teñen que ver cos ourensáns máis novos; estamos a falar da infancia, dos ourensáns do futuro”.

 

Esta iniciativa de vangarda irá dirixida a nenos e nenas da provincia de Ourense “para os que a Deputación de Ourense tamén traballa e ten actividades dirixidas directamente a ese público” -afirmou o presidente da Deputación de Ourense- con iniciativas como as Escolas Deportivas, Pazolandia, Smiley Water, o Premio Pura e Dora Vázquez, entre outras.

 

Os obradoiros que se celebrarán no marco da “ICCKids” desenvolveranse ao longo de todo o ano 2016 en diferentes poboacións do territorio provincial: Bande, Celanova, O Barco, Xinzo de Limia, Ourense, O Carballiño, Verín e Beade. As actividades abranguerán temas como programación informática, fotografía, pintura e plastilina condutivas, stopmotion e video mapping, “estamos a falar da xeración mellor preparada que vai en sintonía coa innovación tecnolóxica e a ICCWeek non ía descoidar esa parte tan importante do futuro de Ourense que son os máis novos”, asegurou Manuel Baltar.

 

Pola súa banda, Juan Rivas agradeceu a sensibilidade da Deputación de Ourense “á hora de aceptar propostas que tocan as industrias culturais e creativas no momento no que acabou a ICCWeek do 2015, e na procura de seguir mellorando puxemos o foco nos máis pequenos”.

 

Cristina Blanco explicou que con este proxecto preténdese que os nenos da provincia de Ourense “teñan a oportunidade de coñecer outras propostas que non sexan as habituais senón outras enfocadas a desenvolver a súa creatividade”, e engadiu “queremos que non só sexan nenos que consuman Internet senón que produzan seus propios contidos para a Rede”. “Todos os talleres terán a súa exposición na semana cultural da ICCKids, onde os pais poderán ver os traballos realizados por nenos e xóvenes, e tamén haberá micro-talleres neste espazo e pezas interactivas onde as familias poderán xogar”, destacou Cristina Blanco.

 

 

Os interesados en participar poderán inscribirse a partir de hoxe na páxina web www.ourenseiccweek.com. Todos os obradoiros son de balde, pero con previa inscrición. As actividades comezan esta fin de semana polas mañás en Beade e, pola tarde en Bande cun taller de stopmotion e video mapping.


Categorías:
» Generales » Noticias

Canales: Ourense Televisión | FWS Televisión |