II MIÑO RADIKAL | FWS Televisión | Ourense TV, A Coruña TV, Lugo TV y Pontevedra TV

A Miño Radikal celebra a súa segunda edición incrementando un 50% as prazas para adultos/as e incorporando unha nova categoría de escolares   - O concelleiro de Deportes, Mario Guede, e a coordinadora, Marta Mígu...

a, miño, radikal, celebra, a, súa, segunda, edición, incrementando, un, 50%, as, prazas, para, adultos/as, e, incorporando, unha, nova, categoría, de, escolares,  , -, o, concelleiro, de, deportes, mario, guede, e, a, coordinadora, marta, mígu

Gusta: 2 (100%)
Publicado por: FWStv | Fecha: 16/02/2016 | Reprods.: 68

A Miño Radikal celebra a súa segunda edición incrementando un 50% as prazas para adultos/as e incorporando unha nova categoría de escolares

 

- O concelleiro de Deportes, Mario Guede, e a coordinadora, Marta Míguez, presentaron a proba, que propón un percorrido con obstáculos polas marxes do río Miño o día 13 de marzo

 

Ourense, 16 de febreiro de 2016

O Consello Municipal de Deportes de Ourense organiza a segunda edición de Miño Radikal, unha actividade de carácter lúdico-festivo-competitivo, que o día 13 de marzo percorrerá os paseos fluviais do río Miño, convidando os/as participantes a afrontar o reto de superar unha proba de obstáculos ao tempo que gozar da beleza paisaxística e natural desta contorna.

O certame, nesta a súa segunda edición, incrementa un 50% o seu número de prazas na categoría de persoas adultas, pasando das 500 do ano pasado ás 750 neste 2016. A esta actividade úneselle tamén a primeira edición de Mini-Miño Radikal, na que participarán atletas en idade escolar.

O concelleiro de Deportes, Mario Guede, e a coordinadora, Marta Míguez, presentaron esta mañá en rolda de prensa a actividade que propón un percorrido circular de 12.700 metros no que será preciso superar obstáculos como arañeiras feitas con cordas, neumáticos, tubos, paredes, trincheiras… A saída e meta estará nas inmediacións da Ponte Vella, no Parque da Ponte. O percorrido será ata a pasarela de Outariz con volta e ata a pasarela de Oira para chegar de novo á meta.

As persoas adultas tomarán a saída en 5 quendas, entre as 12,00h e as 13,00h. As inscricións pódense realizar xa na web www.deportesourense.com, cunha cota de 7 euros (máis 2 euros para quen precise chip en alugueiro). O prazo está aberto ata o día 8 de marzo.

Haberá tres premios individuais: trofeo máis 200, 150 e 100 euros en material deportivo e por equipos mixtos (grupos de 4 integrantes con representación de ambos xéneros). A entrega de trofeos será ese mesmo día no Parque da Ponte ás 14,00h.

Proba non competitiva para nenos e nenas

 

Como novidade este ano, o Consello Municipal de Deportes integra nesta actividade a nenos/as e mozos/as menores de 18 anos, coa celebración da I Mini-Miño Radikal.

Será tamén unha proba de obstáculos polas beiras do río Miño, aínda que non de carácter competitivo: non haberá clasificación. Si será preciso, en todo caso, inscribirse e recoller o distintivo para poder participar

Haberá dúas quendas: A primeira, con saída ás 11h, será para escolares que nacesen entre os anos 2009 e 2005, e que deberán completar 1.300 metros desde a Ponte Vella ata pasarela do Centro Comercial Ponte Vella. A segunda quenda, desde as 11h15, será para escolares de entre os anos 2004 e 1998: 3.500 metros entre Ponte Vella e Pasarela de Oira. A inscrición neste caso será gratuíta.

 

Mario Guede e Marta Míguez animaron os/as deportistas ourensáns/ás a participar nesta proba, que pon en valor unha das zonas máis fermosas, emblemáticas e identificativas da cidade e permite gozar dun xeito lúdico e competitivo, no caso dos adultos, dunha proba diferente e especialmente atractiva.

 

O reto, dixeron, é seguir avanzando ano tras ano, consolidando esta cita coma un referente das carreiras na cidade, previa a outras probas xa consolidadas co paso do tempo como o circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense, que proximamente iniciará unha nova edición, ou a emblemática Carreira Popular San Martiño.


Categorías:
» Generales » Noticias

Canales: Ourense Televisión | FWS Televisión |