'Momentos sen tempo', do escultor Antonio Souto | FWS Televisión | Ourense TV, A Coruña TV, Lugo TV y Pontevedra TV

Ourense, 17 de febreiro de 2016. O Museo Municipal de Ourense (r/ Lepanto 8) acolle desde mañá a exposición de escultura Momentos sen tempo, obra do autor ourensán Antonio Souto. Trátase de medio cento de obras creada...

ourense, 17, de, febreiro, de, 2016, o, museo, municipal, de, ourense, (r/, lepanto, 8), acolle, desde, mañá, a, exposición, de, escultura, momentos, sen, tempo, obra, do, autor, ourensán, antonio, souto, trátase, de, medio, cento, de, obras, creada

'Momentos sen tempo', do escultor Antonio Souto

Gusta: 2 (100%)
Publicado por: FWStv | Fecha: 18/02/2016 | Reprods.: 50

Ourense, 17 de febreiro de 2016.

O Museo Municipal de Ourense (r/ Lepanto 8) acolle desde mañá a exposición de escultura Momentos sen tempo, obra do autor ourensán Antonio Souto. Trátase de medio cento de obras creadas por e para o espazo museístico con materiais pesados coma o ferro ou o aceiro na que amosa unha elegante gradación de cores nos diferentes estados do metal, así como numerosos bocetos do seu estudio.

Momentos sen tempo permanecerá nas salas I e II ata o 27 de marzo, e con ela “tentamos achegar un completo catálogo da programación artística da cidade para a cidade, e que neste caso xorde a partir da obra que permanece nos fondos do Museo Municipal”, en palabras da concelleira de Cultura de Ourense, Belén Iglesias. “O Museo Municipal”, dixo, “quere ser o escaparate dos artistas da cidade e que, como Antonio, fan que Ourense amplíe o seu legado cultural”.

Na exposición, Souto “amósalle ao público a súa reflexión máis íntima”, segundo explicou Eva Torres, técnica de Áreas Expositivas e Espazos Museísticos do Concello de Ourense, “elementos metálicos que constitúen a substancia básica do que vemos plasmando, dunha forma escultórica, un movemento puramente arquitectónico”.

 

A inauguración oficial da exposición será hoxe xoves ás 20:15 horas coa oportunidade de facer un percorrido pola sala acompañando o escultor.


Categorías:
» Generales » Cultura
» Generales » Noticias
» Generales » Ocio para todos

Canales: Ourense Televisión | FWS Televisión |