Plan de Infancia e Adolescencia do Concello de Ourense | FWS Televisión | Ourense TV, A Coruña TV, Lugo TV y Pontevedra TV

O Concello de Ourense elabora un Plan de Infancia e Adolescencia, unha iniciativa de carácter transversal, na que pretende implicar todas as áreas municipais, colectivos sociais e cidadanía en xeral para promover as mellores pol&ia...

o, concello, de, ourense, elabora, un, plan, de, infancia, e, adolescencia, unha, iniciativa, de, carácter, transversal, na, que, pretende, implicar, todas, as, áreas, municipais, colectivos, sociais, e, cidadanía, en, xeral, para, promover, as, mellores, pol&ia

Plan de Infancia e Adolescencia do Concello de Ourense

Gusta: 0 (0%)
Publicado por: FWStv | Fecha: 18/02/2016 | Reprods.: 26

O Concello de Ourense elabora un Plan de Infancia e Adolescencia, unha iniciativa de carácter transversal, na que pretende implicar todas as áreas municipais, colectivos sociais e cidadanía en xeral para promover as mellores políticas dirixidas á infancia e á adolescencia no noso municipio.

A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, deu conta esta mañá en rolda de prensa das liñas básicas deste Plan, xunto con Rubén Varela, de Atelier Social, empresa que o elabora e a técnico municipal Bibiana Paz.

O Plan require a realización dun diagnóstico inicial para coñecer a realidade social da infancia e adolescencia en Ourense, para o que se abre un proceso participativo, no que se convida á cidadanía, tanto persoas adultas como mozas/os e nenas/os a realizar as súas aportacións para detectar carencias e necesidades, e posterior labor de definición de obxectivos e accións concretas a desenvolver, con fixación de calendario e recursos.

Na páxina web do Concello (www.ourense.gal) están xa dispoñibles cuestionarios de participación cidadá para recoller estas propostas.

 

http://www.ourense.gal/portalOurense/fdes_d4_v1.jsp?contenido=14835&tipo=6&nivel=1400&language=gl&codMenu=24&codMenuPrimerNivel=2

 

Tamén se contactará con colexios, asociacións veciñais e outros colectivos, culturais e xuvenís para informala e convidalas a participar en xuntanzas de traballo e obradoiros nos que expresar as súas opinións e propostas.

No marco do propio Concello, traballarase na posta en común e reforzo da coordinación entre os diferentes programas dirixidos a infancia e adolescencia que desenvolven distintas áreas municipais: Educación, Cultura, Asuntos Sociais, Voluntariado, Xuventude, etc. O traballo completarase así con entrevistas con técnicas/os de todas as áreas municipais, así como con outras administracións e organizacións como sindicatos, organizacións empresariais e universidade.

 

O resultado deste traballo será un documento final, I Plan de infancia e adolescencia do Concello de Ourense, que marcará as políticas a desenvolver en materia de infancia e adolescencia no municipio.


Categorías:
» Generales » Noticias
» Generales » Otros...

Canales: Ourense Televisión | FWS Televisión |