A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, presenta a programación Infantil e Xeral do Auditorio para o primeiro semestre de 2016. | FWS Televisión | Ourense TV, A Coruña TV, Lugo TV y Pontevedra TV

O Auditorio Municipal vén de presentar a oferta cultural para o primeiro semestre de ano, “produtos atractivos culturalmente e outros abertos aos proxectos desenvolvidos pola cidadanía de Ourense para exercer de plataforma de proxec...

o, auditorio, municipal, vén, de, presentar, a, oferta, cultural, para, o, primeiro, semestre, de, ano, “produtos, atractivos, culturalmente, e, outros, abertos, aos, proxectos, desenvolvidos, pola, cidadanía, de, ourense, para, exercer, de, plataforma, de, proxec

A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, presenta a programación Infantil e Xeral do Auditorio para o primeiro semestre de 2016.

Gusta: 0 (0%)
Publicado por: FWStv | Fecha: 22/02/2016 | Reprods.: 74

O Auditorio Municipal vén de presentar a oferta cultural para o primeiro semestre de ano, “produtos atractivos culturalmente e outros abertos aos proxectos desenvolvidos pola cidadanía de Ourense para exercer de plataforma de proxección e coñecemento de todos eles”, en palabras da Concelleira de Cultura, Belén Iglesias, na presentación do calendario en rolda de prensa. A idea dos programadores municipais para 2016 é a de seguir crecendo en número de asistentes: se en 2015 pasaron 104.042 persoas polas 494 actividades que se organizaron, cifra récord e un incremento dun 26,5% respecto do ano anterior, 2016 quere consolidar o Auditorio coma “o espazo referente da cultura na provincia e na cidade”, dixo.

Un dos eixes básicos da axenda para 2016 no Auditorio volve ser a programación infantil: “A cita dos domingo ás 12 h é un éxito de convocatoria, e xa hai meses ampliamos a oferta coa introdución do teatro para bebés, os primeiros venres de cada mes”, afirmaba a concelleira. Neste sentido, habilitouse unha sala específica para as actividades dirixidas a cativos de 0 a 3 anos, e ideouse un novidoso sistema de bonos para fidelizar o público. “As entradas oscilan entre os 3 e os 5 euros, pero cun bono de 5 aforras o prezo dunha sesión”, explicaba Manuel Freire, programador do espazo cultural.

Esta fin de semana, o Auditorio acollerá, precisamente, dúas funcións dirixidas ao público máis pequeno: 'Todo me fala de ti', o concerto de Uxía e Magín Blanco dentro do programa FalaRedes (o sábado ás 12h na sala azul, entrada de balde até completar aforo), e o espectáculo '25 anos de Tolemaxias', un percorrido pola carreira do mago Teto (domingo, 12h, sala azul, entradas en www.ataquilla.com e dúas horas antes da función na billeteira).

A programación xeral, pola súa banda, pretende abarcar un abano diverso no que haberá obras de primeira orde coma 'Los 10 negritos', de Ágatha Christie, música, con Rozalen ou a ópera rock, e outras manifestacións artísticas como danza ou monólogos. “Actualmente”, dixo Manuel Freire, “non hai en Galicia espazo cultural que nos poida igualar”.

Datos de asistencia:

Ano

Público

Incremento público

Actividades

Incremento actividades

2007

45.227

 

116

 

2008

70.255

+55%

181

+56%

2009

65.980

-6%

191

+5%

2010

74.009

+12%

272

+41%

2011

85.975

+16%

288

+6%

2012

64.214

-25%

320

+11%

2013

81.316

+26%

239

-25%

2014

82.260

+1%

312

+30%

2015

104.042

+26%

494

+58%

Con esta nota, adxuntamos tamén os programas INFANTIL e XERAL (en pdf) do Auditorio para o primeiro semestre, así coma unha memoria (en pdf) das actividades de 2015.

 

Máis info, en www.ourensecultura.com


Categorías:
» Generales » Noticias

Canales: Ourense Televisión | FWS Televisión |